A Deputación arranxa o viario que une O Valadouro con Gontán

Besteiro y Maseda supervisan las obras, en O Valadouro. (Foto: Vanesa García)
photo_camera Besteiro y Maseda supervisan las obras, en O Valadouro. (Foto: Vanesa García)

A Deputación de Lugo e o Concello do Valadouro traballan en conxunto para arranxar a estrada que une Ferreira con Gontán, a LU-P-0101. Durante a mañá de onte o presidente provincial, José Ramón Gómez Besteiro e o alcalde valadourese, Edmundo Maseda, acompañado de varios membros do equipo de goberno, supervisaron o lugar das obras para manter un contacto directo cos operarios e ver a situación na que se atopan actualmente os labores.

As tarefas empezaron hai unha semana, cando se limpou a vía e realizáronse as accións previas de acondicionamento, previstas no plan de rebacheo da Deputación para o ano 2013 para a zona 2. «Estas obras supoñen un investimento de 240.000 euros e afectarán a catro quilómetros e medio desta estrada», sinalou o presidente do ente lucense.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios