martes. 18.01.2022 |
El tiempo
martes. 18.01.2022
El tiempo

A Deputación aproba as bases de Lugo Termal 2017

O programa ofrece 600 prazas con descontos en tratamentos termais en Lugo, Pantón e Pambre, para maiores de 55 anos

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, informou este venres de que o executivo provincial ha aprobado na xunta de goberno as bases da selección dos usuarios do Lugo Termal 2017, o programa que ofrece a lucenses maiores de 55 anos, con descontos de novembro a marzo, tratamentos termais nos balnearios de Lugo, Pantón e Pambre.

Campos anunciou que o prazo de presentación de solicitudes ábrese o vindeiro luns, 13 de novembro, tras a publicación este sábado no Boletín Oficial da Provincia. "Con esta programación o goberno da Deputación potencia o benestar social e permite o acceso dos maiores lucenses ao turismo termal na provincia", concretou.

Son 600 as prazas que se ofrecen nesta edición, con descontos de máis de 60 euros para recibir terapias mineromedicinales nos establecementos da provincia.

Para inscribirse é preciso presentar no rexistro da Deputación o formulario cuberto da páxina web www.deputacionlugo.gal, acompañado de dúas fotocopias do DNI do solicitante, e outras dúas do acompañante, que non ten que ser maior de 55, pero si deberán xustificar o seu empadroamento na provincia.

OBRAS. Doutra banda, o presidente informou da adxudicación de 630.000 euros en obras de mellora en infraestruturas viarias. En concreto, acometeranse os labores en dúas estradas provinciais no Corgo e Sarria, con máis de 590.000 euros.

Campos sinalou que actuarán "en máis de oito quilómetros, nos que se mellorará o firme con aglomerado en quente e incrementarase a sinalización". Ademais, acometerase a mellora de camiños dos núcleos rurais de Vilasouto, Viloira, Outeiro e Teimoi, no municipio do Incio.

A Deputación aproba as bases de Lugo Termal 2017
comentarios