A Deputación amplía o programa lúdico para as asociacións de discapacitados

O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, anunciou onte no Museo do Mar de San Cibrao que o ente provincial vai prorrogar e ampliar o programa ‘Todos a xogar', unha iniciativa de carácter lúdico e deportivo que se desenvolve na Mariña e na que participan sete asociacións de discapacitados da comarca.

Este programa promove a carga física de baixa intensidade, así como todo tipo de xogos e actividades de face a mellorar aspectos motrices e cognitivos das persoas participantes, tanto para discapacitados físicos como psíquicos. A iniciativa, que se empezou a desenvolver despois do verán, prolongarase dous meses máis, ata xuño, e o próximo ano xa está garantida a súa continuación.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios