A Deputación acondiciona a estrada de Trascastro

La alcaldesa y el presidente, durante la visita al vial de Trascastro (Foto: Porto)
photo_camera La alcaldesa y el presidente, durante la visita al vial de Trascastro (Foto: Porto)

A Deputación de Lugo iniciou esta semana o acondicionamento da estrada que comunica Trascastro e a vía da Cruz á Ferrería, no concello do Incio.

Os traballos son realizados con maquinaria e persoal da Administración provincial en colaboración con obreiros do Concello do Incio, segundo explicaron onte o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a alcaldesa, Laura Celeiro, durante unha visita ás obras.

Estas supoñen a limpeza de maleza e o asfaltado de 1,5 quilómetros da pista, desde o cruzamento coa estrada da Ferrería ata a igrexa de Trascastro. Os traballos benefician a máis de setenta veciños desta parroquia. «Con esta actuación aforramos 50.000 euros ó Concello ó evitarlle a contratación dunha empresa externa», destacou Gómez Besteiro. Así mesmo, indicou que nas próximas semanas a maquinaria da Deputación continuará traballando noutros viarios do Incio aínda por determinar.

O presidente e a alcaldesa tamén entregaron no salón de usos múltiples do consistorio os diplomas aos participantes nos cursos impartidos pola Administración provincial neste concello dentro do programa In Lugo do Centro de Innovación Social. O Incio acolleu a finais do pasado ano seis talleres -tres de alfabetización informática, dúas de redes sociais e un seminario de procura activa de emprego a través de internet-, que foron gratuítos e aos que asistiron 75 persoas.

Comentarios