miércoles. 19.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 19.01.2022
El tiempo

A delegada da Xunta comprométese a facer máis casas sociais en Sober

Raquel Arias y Luis Fernández, ayer en Sober (Foto: Toño Parga)
Raquel Arias y Luis Fernández, ayer en Sober (Foto: Toño Parga)

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, comprometeuse a xestionar a desafectación de parte dos terreos do colexio público Virxe do Carme de Sober para permitir a construción de vivendas de promoción pública no solar.

A solicitude foi presentada onte polo novo alcalde soberino, Luís Fernández Guitián, quen explicou que a posibilidade da construción dos inmobles xa está recollida pola normativa urbanística municipal.

Na mesma liña, a delegada territorial e o alcalde acordaron axilizar a cesión ao Concello por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) dos locais que lle corresponden dentro da promoción de vivendas sociais feitas anos atrás na intersección das rúas Cine e Cuartel.

Arias e Fernández Guitián barallaron tamén algunhas propostas encamiñadas a mellorar a xestión de residuos na localidade.

Na xunta, a delegada informou o rexedor municipal sobre as actuacións que leva a cabo a Xunta de Galicia para mellorar as condicións de explotación dos viñedos no municipio, así como doutros investimentos relativos á ordenación forestal. Igualmente, sinalou que acaban de concederse axudas a quince viticultores para a mellora de 38 parcelas.

Arias recoñeceu a importancia do sector vitivinícola na zona, pero incidiu na necesidade de potenciar o sector agropecuario en xeral e o aproveitamento da riqueza forestal.

A delegada da Xunta comprométese a facer máis casas sociais en Sober
comentarios