A defensa de Orozco pedirá o sobresemento no caso Garañón

A defensa do exalcalde de Lugo José López Orozco  pedirá o sobresemento da causa contra el no chamado caso Garañón, polo que acaba de ser citado para prestar declaración como imputado por un suposto delito contra a ordenación do territorio para o día 26 deste mes.

Así llo confirmou a EFE o avogado que se fixo cargo da defensa do alcalde, Gregorio Arroyo, quen tamén informou de que López Orozco  tiña pensado solicitar unha declaración voluntaria ante a xuíza instrutora do caso, Pilar de Lara, algo que xa non será necesario unha vez que se puxo data para esa comparecencia.

López Orozco  e o secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, foran citados para prestar declaración como imputados neste caso a finais mes de xullo, pero a súa comparecencia quedou finamente aprazada.

En canto á situación do exalcalde de Lugo, Arroyo insistiu en que "non aparece" na instrución "nada que teña que ver co señor López Orozco".

"A súa declaración anterior suspendeuse porque o promotor -das polémicas torres do Garañón- dixo que todo o que o sabía e coñecía -do proceso de urbanización- era a través do seu avogado, o experto que o tramitou todo", explicou.

Posteriormente, "ese compañeiro -o avogado do promotor- declarou, e non hai nada que teña que ver co alcalde".

"Íamos pedir, como fixeramos na Pokemon, a declaración voluntaria. Pero, se a instrutora xa o citou, prestará declaración. Acto seguido, unha vez practicada esa dilixencia, pediremos o sobresemento", concluíu

Comentarios