A CSIF denuncia que Alcoa pide aos traballadores que vixíen as instalacións

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) de Alcoa emitiu onte un comunicado no que denuncia que a dirección da fábrica enviara unha nota informativa aos traballadores para que vixíen as instalacións debido aos últimos roubos que se levan producido. Na nota tamén advirten de que este tipo de furtos serán penalizados como delito e avisa das sancións que poden levar estas accións.

Desde o sindicato aseguran que non lles sorprende que se produzan estes feitos debido á redución do persoal de vixilancia, cuxa persoal «quedou reducida a un número simbólico». «Hai uns anos había un vehículo de vixilancia permanentemente percorrendo o perímetro da empresa e polo interior da mesma e agora recortouse enormemente a frecuencia e o percorrido do persoal de vixilancia, motivado pola redución de persoal por mor da crise», explicou o portavoz da CSIF, José Manuel Piñar.

Comentarios