A crise minguará as futuras indemnizacións que pidan os promotores de Barreiros

Manuel Villamarín. (Foto: AMA)
photo_camera Manuel Villamarín. (Foto: AMA)

Os construtores afectados polo parón urbanístico que sufriu a localidade barreirense reúnense este mediodía, nas súas oficinas do polígono industrial da localidade, para analizar que medidas emprenderán tras a sentenza pola que o Tribunal Supremo invalida as normas urbanísticas imposta polo bipartito autonómico no concello entre 2006 e 2007. Os afectados afrontan o encontro coa intención de coordinar conxuntamente o problema aínda que, dadas as particularidades de cada caso, cada demanda irá por separado. Enfróntanse ademais ao problema de que hoxe en día os tribunais non indemnizan con grandes sumas, como pasaba hai anos, xa que son conscientes da diminución das arcas públicas.

De feito, algo similar ocorreulle a Ramón Álvarez-Cascos cando reclamou pola paralización que ordenou o bipartito en 2007 da súa proxectada piscifactoría en Rinlo, ao entender que se situaba nun terreo medioambientalmente protexido. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) condenou, en 2012, á Xunta a pagar máis de 689.000 euros por deter un proxecto que contaba cun permiso autonómico anterior. Actualmente, Cascos agarda a sentenza do Tribunal Supremo respecto diso, xa que recorreu ao entender que tivo perdas por unha contía maior, polo menos por uns dous millóns de euros. Algúns letrados consultados e o empresario aludido son conscientes de que «as indemnizacións son inferiores ás de anos atrás, porque os xuíces son conscientes da crise que sofre a Administración».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios