A corporación vilalbesa celebra o luns o pleno de organización do goberno local

O consistorio de Vilalba albergará o vindeiro luns, a partir das 19.00 horas, o pleno de organización do novo executivo local no transcurso dunha sesión extraordinaria na que tamén se abordarán outros asuntos.

A orde do día indica que o citado pleno comezará co coñecemento de resolucións da alcaldia, ao que seguirá a creación e composición dos grupos políticos municipais e o réxime retributivo e indemnizatorio dos membros da corporación local.

O réxime de sesións do pleno, as súas delegacións e a composición das comisións serán outros asuntos a tratar.

Comentarios