sábado. 17.04.2021 |
El tiempo
sábado. 17.04.2021
El tiempo

A corporación focense reclama plans de emprego a todas as administracións

A corporación focense acordou por unanimidade reclamar ás administracións provincial, autonómica e estatal a posta en marcha de plans de emprego no municipio que axuden a rebaixar as listas do paro en Foz. «Se antes era necesario, agora moito máis porque as circunstancias son peores», recordou o edil de Unifoz, Xaime Cancio.

O concelleiro tamén reclamou ao Concello que mellore os accesos ao instituto, co fin de que os autobuses poidan deixar aos estudantes xunto á beirarrúa e non á beira da estrada, como sucede na actualidade. Ademais, criticou as modificacións ao estudo de detalle da rúa de acceso ao cemiterio, augurando que provocará reclamacións.

A corporación focense reclama plans de emprego a todas as...
comentarios