A Copa do Mundo está de xira polos concellos galegos

A Copa do Mundo conquistada pola Selección española en Sudáfrica hai pouco máis dun ano está de xira por concellos de Galicia.

O trofeo, que xa visitou meses atrás a comunidade autónoma, estivo este xoves exposto no municipio de Quiroga, en Lugo, e este venres estará nas localidades coruñesas de Muros e Outes.

O sábado viaxará a Boqueixón, tamén na provincia da Coruña, e o domingo estará en Vilagarcía de Arousa, en Pontevedra.

Para rematar, o 6 de agosto, a copa que España logrou tras derrotar a Holanda na final do Mundial exporase no municipio coruñés de Boimorto..

Comentarios