A cooperativa Delagro abre unha nova planta de fertilizantes nas Pontes

Instalaciones de Delagro en Penapurreira. (Foto: C. Arias)
photo_camera Instalaciones de Delagro en Penapurreira. (Foto: C. Arias)

A cooperativa Delagro, unha firma que agrupa a máis de 40 sociedades de Asturias, Cantabria e Galicia, pon en marcha nas Pontes unha planta de produción, envasado e almacenamento de fertilizantes con capacidade de albergar ata 50.000 toneladas de abonos.

A cooperativa, que prepara os últimos detalles para arrincar a produción ao 100%, creará 16 postos de traballo directos -dez xa se contrataron- e ao redor de medio centenar indirectos, sobre todo asociados á distribución e ao sector do transporte. Ademais, nas distintas campañas o persoal reforzarase con outras cinco ou seis persoas, como destacan desde a cooperativa.

INSTALACIÓNS
Varios edificios en 36.000 metros cadrados

O complexo industrial multidisciplinar de fertilizantes ocupa un emprazamento de 36.107 metros cadrados. Está integrado polo edificio de produción e o de loxística. O primeiro alberga unha nave industrial de máis de 6.000 metros cadrados dividida en dúas zonas, unha de almacenamento de produtos e materias primas e outra para o mesturado e envasado dos fertilizantes. O edificio de loxística consta dunha nave de 3.300 metros cadrados destinada a almacén de produto finalizado e outras mercancías complementarias.

Consiga AQUÍ a información completa

comentarios