A contratación de Tragsa superou os 50.000 euros xa en Arde Lucus

A reserva orzamentaria de 50.000 euros aprobada durante a primeira semana de folga pola xunta de goberno para contratar a Tragsa xa se esgotou durante a súa actuación nos primeiros días, coincidindo co Arde Lucus, segundo a resposta dada onte polo alcalde José López Orozco na xunta de portavoces en resposta a unha pregunta do BNG.

O rexedor explicou ademais que a empresa pública, contratada para cubrir a recollida do lixo nos puntos declarados en alerta sanitaria, ten unha tarifa ''que non se discute'' e que, unha vez esgotáronse os 50.000 euros, quedou renovado o contrato automaticamente para seguir traballando mentres Urbaser non cumpra os servizos mínimos da folga.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios