A concentración parcelaria, clave no éxito de Trabada

Trabada está vacinada contra os incendios. Así o aseguran os datos oficiais, que manteñen que en 2012 arderon 0,08 hectáreas de monte. Case nada. Pero tamén é coñecido este pequeno municipio do interior mariñán pola súa concentración parcelaria, que terminou en 2010, logo de 17 anos de traballo, e que é un referente a nivel galego.

A concentración parcelaria en Trabada significou un paso adiante para facer rendible o monte. E a rendibilidade trae consigo o coidado e o mantemento daquilo que dá beneficios, o cal non impide que arda o monte, pero si dificulta que prenda.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios