A comisión veciñal de Cervo estará o martes co xerente do hospital

Vecinos de Cervo, en el pleno celebrado el jueves. (Foto: Antonio López)
photo_camera Vecinos de Cervo, en el pleno celebrado el jueves. (Foto: Antonio López)

A Comisión Veciñal en Defensa da Sanidade en Cervo aprobou nunha reunión celebrada o xoves a última hora un novo paquete de medidas para seguir loitando para que o municipio siga contando con catro médicos. Entre as actuacións figura unha concentración o vindeiro martes diante do Hospital da Costa e seguidamente entregarán ao xerente executivo do centro, Francisco Soriano, unha copia da carta que enviarán á conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, para que atenda as súas demandas.

Entre os acordos adoptados figura ademais facer unha rolda de reunións cos veciños polas parroquias para «explicarlles como segue a situación, os inconvintes de perder un dos nosos facultativos e informarlles de que seguiremos facendo presión», explica o portavoz do colectivo. Ademais, mañá mesmo estarán na Praza do Souto para seguir recollendo firmas a favor da súa causa e seguirán coas concentracións en días alternos nos dous centros de saúde.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios