A comisión da Moexmu organiza unha mostra fotográfica da primeira feira

A comisión organizadora da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), que organizará unha nova edición desta cita entre o 4 e o 6 de abril, promove a realización dunha exposición fotográfica da primeira feira, para conmemorar o trixésimo aniversario dunha das convocatorias con máis arraigamento na comarca chairega.

Os membros da comisión organizadora, presidida por Orencio Fontela, solicitan axuda a todos os veciños de Muimenta para conseguir as máximas imaxes posibles da primeira Moexmu, celebrada os días 6 e 7 de xullo do ano 1985.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios