A comarca da Mariña exporta ao sur de Teruel o seu sistema de compostaxe doméstica

El alcalde de Lourenzá y el presidente de Sogama visitan una finca donde se realiza compostaje (Foto: José Álvez)
photo_camera El alcalde de Lourenzá y el presidente de Sogama visitan una finca donde se realiza compostaje (Foto: José Álvez)

O éxito do programa de compostaxe doméstica instaurado hai un ano en cinco municipios da Mariña lucense non pasou inadvertido máis aló da fronteira galega. Unha comarca turolense, a de Gúdar-Javalambre, púxose en contacto con Sogama, propulsora da iniciativa, para coñecer os seus pormenores con vistas a importar a experiencia a terras aragonesas.

O cáracter rural desta zona, situada ao sur de Teruel, converte aos seus 24 municipios en potenciais receptores do programa. E é que o compost, un fertilizante natural con excelentes propiedades para o chan, permite reutilizar os restos orgánicos como abono ou como alimento para o gando, minimizando os gastos de xestión e de tratamento dos residuos convencionais.

Na Mariña 200 vivendas de Alfoz, Barreiros, Cervo, Trabada e Lourenzá foron as pioneiras desta experiencia en Galicia. Para dar inicio á actividade, outros tantos composteros -recipientes nos que se fai o abono- foron repartidos por cada un dos fogares participantes. O resultado foi un compost de excelente calidade -de clase A-, segundo comprobou meses máis tarde a Universidade de Santiago (USC).

O certo é que a compostaxe permite de forma sinxela pechar nas vivendas o ciclo de reciclaxe e a recuperación da materia orgánica, que representa a metade do lixo producido. Ademais, segundo apunta Sogama, está demostrado que unha correcta separación dá materia orgánica no fogar mellora notablemente a recollida selectiva no seu conxunto, propiciando que os concellos reciban máis ingresos por parte dos sistemas integrados que xestionan envases de plástico, vidro e papel/cartón, entre outros materiais. é o caso de Ecoembes e Ecovidrio.

O exemplo da Mariña foi exitoso. Agora depende das autoridades aragonesas avaliar a súa posible importación e dar un paso máis cara a unha contorna máis sostible da man da compostaxe.

Beneficios 

A principal vantaxe do compost está no aforro que supón fronte a outros tipos de abono, xa que se produce unha redución significativa no gasto. Doutra banda tamén se minimiza o custo do tratamento de lixos e, ademais, contribúe a reducir o impacto ambiental.

GÚDAR-JAVALAMBRE
Zona despoblada cunha gran riqueza ambiental
Golpeada polo despoboamento -apenas conta con 8.400 habitantes-, Gúdar-Javalambre obtén a maior parte dos seus ingresos no sector servizos, aínda que a agricultura e a gandería teñen un peso moi importante. Sen dúbida, a riqueza ambiental é outra das súas características. A comarca, situada ao sur de Teruel, está dividida en dúas serras, a de Javalambre --cunha altura de 2.020 metros--, e a de Gúdar -con 2.024-. é precisamente o seu carácter rural o que fai da autoxestión dos residuos que permite a compostaxe caseira unha ferramenta tan importante para paliar os altos custos ambientais e económicos.

Economía

A zona destaca tamén pola proliferación de trufas, xa que na comarca danse unhas condicións idóneas de temperatura e humidade. A utilización de compostaxe, ademais, non vai afectar a este prezado ben, pero si permitirá mellorar a economía agraria ao diminuír significativamente os custos ao ser un abono que pode ser reutilizado.

Comentarios