A confraría de Celeiro anticipa a actualidade do sector na súa web

Asistentes a una de las últimas ediciones del simposio pesquero celeirense. (Foto: José Mª Álvez / AMA)
photo_camera Asistentes a una de las últimas ediciones del simposio pesquero celeirense. (Foto: José Mª Álvez / AMA)

A maquinaria das Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro de Celeiro xa está en marcha. A confraría, organizadora do simposio xunto con Porto de Celeiro, abriu este ano a súa páxina web ás opinións de diferentes personalidades relacionadas co sector. Un total de catorce especialistas expresan o seu parecer sobre a situación actual e o futuro do sector, ademais de falar sobre as xornadas, que serán os días 29 e 30. A entidade xa recibiu felicitacións por incluír esta opción, que permite ir coñecendo os primeiros datos dos que se falará despois nas xornadas.

A nova Política Pesqueira Común (PPC), que suporá novos retos e oportunidades está moi presente neste foro. O director do Instituto Universitario de Estudos Marítimos, Fernando González Laxe, avoga por unha nova gobernanza dos mares, posto que cada vez hai menos stocks sobreexplotados.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios