A clave de todas as reunións, pero sen querer darse conta de nada

As gravacións e os testemuños dos imputados sinalan a Javier Reguera como o home crave no Concello e con Liñares, ademais de como o encargado de organizar as reunións máis significativas. Con todo, el recoñece que asiste a elas pero que non lle contan nada.

Así é, por exemplo, na que se pactou o pago de 3.500 euros a Liñares por parte do xefe de Vendex, no restaurante Zalacaín de Madrid. «Durante a comida», explica, «non se falou de nada. Cando sacaron as sobremesas, Tutor deume así como de lado e eu inmediatamente levanteime e non volvín en media hora».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios