A CIG solicita que se investigue a contratación de dez interventores do PP en Xinzo

A CIG presentou hoxe un escrito ante a fiscalía de Ourense para solicitar que se investiguen as presuntas irregularidades na contratación de 10 interventores do PPdeG no Concello de Xinzo de Limia.

O secretario confederal de Formación para o Emprego da central nacionalista, Manoel Anxo García Torres, responsabilizou nun comunicado directamente o alcalde do municipio ourensán, tamén deputado provincial, Antonio Pérez.

A sindicalista demanda que se analice a súa política de contratacións, en particular a dos citados interventores do seu propio partido nas eleccións de 2011.

García Torres recorda que o alcalde do Concello de Xinzo de Limia "erixiuse como campión da política de austeridade que levou á institución local a anunciar un ERE", nun proceso que concluíu cunha "rebaixa salarial xeneralizada".

Comentarios