A CHMS completará con filtros de carbón a limpeza do humidal causado pola vertedura en Begonte

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) prevé a partir deste mércores a instalación de filtros de carbón activo que permitirán completar a limpeza do humidal situado entre o polígono de Begonte e o Río Ladra, no que se confinou a vertedura de combustible procedente dunha empresa de xestión de biodiésel producido o domingo día 6.

O organismo de conca resaltou que os medios de absorción empregados permitiron recoller en días pasados máis de 225.000 litros de gasoil mesturado con auga, que foron transportados a diferentes xestores autorizados.

Ademais, a Gardería fluvial deste organismo de conca deu por finalizadas os labores de limpeza cos mecanismos de absorción por non consideralos "adecuados" ao haberse recollido a maior parte do combustible.

A vertedura produciuse o domingo 6 de febreiro a última hora da tarde e puido ser contido na rede de pluviais do parque empresarial, quedando confinado nunha zona inundable situada entre o polígono industrial de Begonte e o Río Ladra, onde foron instaladas barreiras de contención e de absorción para evitar que chegase ao río.

Comentarios