A CEP: "A compra de Opel situará a Vigo e a automoción galega en Europa"

Cebreiros asegura que é unha "magnífica noticia"

A Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) valorou como "tremendamente positiva" a compra de Opel/Vauxhall por parte do grupo PSA Peugeot Citroën, e subliñou que a operación "situará" a Vigo e á automoción galega en Europa.

Así o manifestou, en resposta a preguntas dos medios, o presidente da CEP, Jorge Cebreiros, quen recordou que a "absorción" permitirá a PSA situarse como segundo fabricante de automóbiles de Europa. "É unha magnífica noticia, e se encima reforza a automoción de Vigo máis", incidiu.

O presidente da patronal pontevedresa tamén celebrou que "están garantidos os postos de traballo", aínda que precisou que esa estabilidade xa estaba asegurada para a próxima década coa consecución dos dous novos modelos para a planta de PSA en Vigo.

Comentarios