A central pontesa consome tres millóns de toneladas de carbón

A central térmica de Endesa nas Pontes pecha 2013 cunha produción que «superou todas as previsións» e cun consumo de tres millóns de toneladas de carbón importado, tal e como indica o alcalde pontés, Valentín González Formoso.

«O consumo de 2013 é un bo resultado», indica Manuel Bouza, o portavoz dos transportistas, un colectivo de 120 traballadores. «Hai que seguir dándolle carga a esta central e que os políticos digan dunha vez de onde veñen os cotos da enerxía. Non podemos pagar corrente subvencionada», explica, confiado no futuro da central.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios