A cantautora Sés actuará na Tasca do Liño de Insua o día 25

A cantautora Sés será un dos grandes atractivos da Tasca do Liño de Insua, unha cita que cumprirá o sábado 25 a súa sexta edición, grazas ao arduo e constante traballo desenvolvido polas integrantes da asociación de mulleres rurais de San Bartolomeu, coa estreita colaboración do Concello de Vilalba.

O evento, no que ademais de música en directo haberá exposicións, demostracións en vivo e charlas, arrincará ás 11.00 horas coa apertura oficial dos postos de artesanía que, como cada ano, situaranse no campo da festa da pequena parroquia vilalbesa.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios