A cantante Lucía Pérez pecha o festival de fin de curso do colexio Frei Luís

Lucía Pérez, firmando autógrafos a los alumnos. (Foto: Porto)
photo_camera Lucía Pérez, firmando autógrafos a los alumnos. (Foto: Porto)

A cantante do Incio e representante de España na última edición do festival de Eurovisión, Lucía Pérez, puxo o broche de ouro á festa coa que o colexio Frei Luís de Granada de Sarria despediu o curso académico.

Os alumnos do centro celebraron onte unha festa con xogos e concursos, que tivo como invitada especial á artista. Durante o festival os estudantes xa demostraron ser seguidores da moza interpretando algunhas das súas cancións, como ‘Que me quiten lo bailao' ou ‘Adeus ríos, adeus fontes'. A moza apareceu por sorpresa ao finalizar a festa causando unha gran expectación no colexio.

A intérprete non parou de asinar autógrafos e sacarse fotografías con moitos dos alumnos, quen abrazaban á cantante emocionados. A artista finalizou a súa visita interpretando o tema do festival de Eurovisión acompañada polos estudantes.

Comentarios