A caída de cristais dun edificio antigo dana un coche

A caída de cristais, desde a segunda e a terceira planta dun edificio antigo situado no número 24 da Avenida da Mariña de Foz, ocasionou danos de consideración nun vehículo aparcado na zona. A Policía Local acordoou o lugar con valos para evitar novos incidentes.

Os axentes xa emitiran o pasado 2 de novembro un informe sobre o perigo que supuña o estado que presentaba o inmoble e que foi remitido ao propietario e tamén ao Concello.

Comentarios