A burelense Patricia Otero, terceira candidata a liderar o PSOE lucense

A tenente de alcalde do concello mariñán é a baza do sector que apoiou a Gonzalo Caballero nas primarias
Patricia Otero
photo_camera Patricia Otero

A tenente de alcalde do Concello de Burela, Patricia Otero Rodríguez, será a terceira candidata en liza nas eleccións primarias á secretaria provincial do PSOE de Lugo, que se celebrarán o próximo 3 de decembro.

A avogada mariñá será desta forma a baza dos socialistas lucenses que apoiaron a Gonzalo Caballero para disputarlle a dirección do partido aos outros dous candidatos oficiais, o portavoz do goberno da Deputación, Álvaro Santos, e o alcalde de Castroverde, Xosé María Arias.

Patricia Otero foi proposta este xoves pola noite durante unha reunión que celebraron os membros desta plataforma prol-Caballero e este venres será presentada oficialmente antes da inscrición oficial, que deberá facerse antes das 12.00 horas.


Máis información na edición impresa de El Progreso deste venres

Comentarios