A boa sintonía entre a raíña Sofía e Alfonso Díez xera sorprendentes rumores en Suecia

Un portal sueco do corazón publicaba este mércores unha noticia tan sorprendente como inconsistente. Trátase do Svensk Dam, que sostén que a raíña Sofía e Alfonso Díez poderían estar a manter unha relación. A información que presentan está baseada, principalmente, nas fotografías do enterro de Cayetana de Alba, xa que en varias instantáneas aparece a esposa de Don Juan Carlos consolando o funcionario.

O citado medio sostén que ambos os dous están necesitados de consolo: ela, polas presuntas infidelidades do seu marido; el, polo seu recentemente estreado status de viúvo de España. O Svensk Dam sostén que a prensa do noso país (sen especificar que medio) aseguran que entre ambos hai moito feeling.

Comentarios