A banda sonora de Foz

Actuación de alumnos del colegio Número 1 de Foz. Foto: ANTONIO LÓPEZ
photo_camera Actuación de alumnos del colegio Número 1 de Foz. Foto: ANTONIO LÓPEZ

O colexio Número 1 de Foz pechou onte os actos polo cincuenta aniversario da súa creación cun musical, que recreou a evolución da vila nestes anos. Unha banda sonora, á que deron vida os alumnos do centro, pois todos os matriculados neste curso tiveron o seu papel nesta actividade, que se pensou como un día para compartir a creación do primeiro grupo escolar, que axuntaba a todos os escolares do municipio que ata entón ían ás escolas das parroquias.

A actividade, titulada ‘Aqueles marabillosos anos...' relata a vida dunha parella desde que se son escolares ata a idade adulta, unha vida que discorre paralela á evolución dunha pequena vila mariñeira ata converterse nun lugar turístico de referencia na comarca, como é o Foz actual, un cambio que boa parte dos asistentes experimentaron en primeira persoa.

Ademais de ver aos escolares en acción, o público gozou dalgunha sorpresa

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios