A balea azul avistada en Ons podería non ser a mesma que a de Muros

De confirmarse ao cento por cento, sería un fito histórico ao haber varios exemplares deste cetáceo visitando as costas galegas
Ballena azul avistada frente a la costa gallega
photo_camera Ballena azul avistada frente a la costa gallega

O exemplar de balea azul, o cetáceo máis grande do mundo, avistado este xoves a sete millas da Illa de Ons, podería non ser o mesmo que o divisado en Muros hai uns días.

Así o confirmou o director da organización Bottlenose Dolphin Research Institutr (BDRI), con base no Grove, Bruno Díaz, que logo de revisar o vídeo do exemplar aparecido na Costa da Morte, constatou "que a coloración corporal non é a mesma". Este trazo é o que axuda a distinguir unhas baleas doutras.

De confirmarse ao cento por cento, isto suporía que son varios os exemplares de balea azul que están nestes momentos visitando as nosas costas, o que supón un gran fito na investigación mariña.

comentarios