A Augc pide medios para a Garda Civil do Mar e o peche de 5 cuarteis

Delgado -izquierda- y Fustes, tras la rueda de prensa (Foto: Pepe Álvez)
photo_camera Delgado -izquierda- y Fustes, tras la rueda de prensa (Foto: Pepe Álvez)

A Asociación Unificada de Gardas Civís (Augc), a asociación máis representativa do instituto armado, denunciou onte a pésima organización dos medios cos que se conta na provincia. Neste sentido, reclamou o peche inmediato dos postos auxiliares de Sober, Palas de Rei, As Nogais, O Incio e Antas de Ulla, ao consideralos totalmente inoperativos, e denunciou que se pretende dotar o novo servizo da Garda Civil do Mar sen aumentar os efectivos actuais e con graves carencias de medios.

Nunha rolda de prensa na que participaron o secretario nacional de comunicación da Augac, Juan Antonio Delgado, e o seu delegado en Lugo, Óscar Fustes, a asociación denunciou que a provincia segue mantendo unha estrutura pensada para o século XIX, con cinco posto auxiliares que non serven de nada e que, dada a súa escasa dotación, pásanse a maior parte do ano sen atención, mentres que non existe ningún posto principal.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios