A asociación Río Furelos manterá os seus labores de limpeza de canles este ano

A Asociación de Troiteiros Río Furelos, de Melide, continuará durante este ano coas súas campañas de limpeza de ríos. Así o acordaron os seus socios nunha recente asemblea, na que analizaron a programación de actividades para a próxima tempada.

Os días 31 de agosto, 7 e 14 de setembro celebrarán as xornadas de limpeza do río Furelos. Ademais, os asociados participarán na campaña Proxecto Ríos, que Adega desenvolve na primavera e o outono, así como nas actividades de limpeza simultánea de canles, que organiza a citada agrupación ecoloxista.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios