A asociación de veciños de Fazouro recollerá firmas en contra da depuradora

A asociación de veciños da parroquia focense de Fazouro iniciará nos próximos días unha recollida de firmas na parroquia en contra da localización da futura depuradora de Foz nesta zona. Así o confirmou o presidente do colectivo, Raúl Río, que avanzou que preparan outras medidas neste tema que aínda non quixo detallar. Estas firmas serán entregadas a Concello e Xunta.

Por outra banda, os veciños reunidos nunha asemblea acordaron denunciar outra serie de deficiencias que hai na parroquia. Por exemplo, os motores da estación de bombeo da depuradora están estragados e esta soborda e baleira os residuos no río; a iluminación pública non funciona no barrio de Vilarmea, en parte de Lousada e na estrada xeral; mentres que na Ponte Vella, os proxectores de luz están amarrados, porque a marea lévallos.

Comentarios