A Anpa do Ceip Cervo pide que o comedor sexa gratis para os transportados

Unha representación da Asociación de Nais e Pais (Anpa) do Ceip Cervo participará mañá, xunto a entidades do resto da provincia, na reunión que a Fapacel (Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos da Provincia) ten convocada para as once na capital. Nela, case con toda probabilidade, acordarase a retirada do decreto de comedores, cuxa entrada en vigor este curso motivou diversas queixas ao deixar de ser gratuíto o comedor para os alumnos transportados con renda per cápita máis elevada. A asemblea servirá para recoller as propostas das diferentes anpas que, no caso da cervense, pasa por reclamar que o comedor siga sendo gratuíto para os alumnos transportados.

Unha petición coa que coinciden boa parte dos afectados, aínda que non será ata a reunión cando se decida os pasos a dar para reclamar a retirada desta norma que entrou en vigor neste curso. Desde a Fapacel son conscientes de que para este ano será inviable a súa retirada, polo que piden medidas suavizadoras para o seguinte exercicio, que pasarían por rebaixar o custo dos menús máis caros, que agora pasan a custar 4,5 euros ao día.

BURELA
A pouca demanda deixa aos colexios sen almorzos

O servizo Madrugadores que ofertou Bumei para os dous colexios de Burela non se porá en marcha este ano pola escaseza de demanda. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios