A Acet de Covas organiza un concurso de tapas con receitas do outono

A Asociación Comercial, Empresarial e Turística (Acet) Praia de Covas organiza un novo concurso de tapas, neste caso dedicado aos pratos típicos desta época do ano. Así, baixo a denominación Outono Gastronómico, celebrarase desde mañá ao domingo 6 de novembro en 15 locais hostaleiros da localidade.

As tapas custarán 1,80 euros e os clientes eligirán a gañadora por votación popular. Entre os que participen sortearase un fin de semana no hotel spa Carlos I Silgar, situado na localidade pontevedresa de Sanxenxo.

Participantes

Os locais que se sumaron á iniciativa son A Gruta, As Tixolas, A Dekada, Pizzbur, Aquitania, O Mesón, Forum, Mesón Os Arcos, Sixties, Pazo Grallal, Mesón O Tapeo, Bar Amorne, Punto Galego, Parrillada Tomás e Bar Negreira-Os Píos. Colaboran nesta iniciativa o Concello, a Deputación e a Federación Galega de Comercio.

Comentarios