jueves. 21.10.2021 |
El tiempo
jueves. 21.10.2021
El tiempo

Xulgados catro homes por unha pelexa que acabou a navalladas en Burela

O xulgado do Penal número 1 de Lugo celebrou onte a vista oral contra catro homes que se pelexaron en plena rúa de Burela, nun enfrontamento de tres contra un que finalizou cun dos acusados defendéndose a navalladas dos outros tres. Todos acabaron con feridas.

En realidade, o único que se presentou na sala foi M.A.M.G., o acusado de utilizar a navalla e que se enfronta á maior solicitude de pena: un ano e nove meses por cada un dos tres delitos de lesións que se lle imputan. E iso que o ministerio fiscal recoñécelle unha eximente incompleta de lexítima defensa, xa que se viu acurralado polos outros homes.

Consiga AQUÍ a información completa

Xulgados catro homes por unha pelexa que acabou a navalladas en Burela
comentarios