Xulgadas dúas veciñas de Carballedo por learse a golpes diante do cortello dunha delas

Dúas veciñas con iniciais A.G.V. e C.M.M.M., de 79 e 54 anos de idade, foron xulgadas onte no Penal número 1 de Lugo por agredirse mutuamente tras discutir diante dun cortello no municipio de Carballedo.

Segundo o fiscal, os feitos sucederon sobre as doce da mañá do 1 de setembro de 2006, cando as dúas acusadas iniciaron unha discusión motivada polas malas relacións entre ambas. A pelexa tivo lugar ás portas dun cortello dunha delas. As dúas mulleres agredíronse mutuamente e causáronse contusións e hematomas.

O xuízo contra ambas se celebrou onte na capital lucense despois de que as acusadas rexeitasen a posibilidade de recoñecer os feitos e de chegar a un acordo coa acusación. O ministerio fiscal solicitou para C.M.M.M unha condena dun ano de prisión como autora dun delito de lesións, mentres que a outra muller afronta unha multa de 360 euros por unha falta do mesmo tipo.

Comentarios