Xullo Guntín e Fernando Vérez comparten o primeiro Premio Contornos

Fabeiro, Guntín, Rodríguez y Vérez, con las piezas premiadas. m.roca
photo_camera Fabeiro, Guntín, Rodríguez y Vérez, con las piezas premiadas. m.roca

A décimo terceira edición do Encontro de Torneiros de Galicia, que se celebrou durante catro días no polideportivo municipal de Xermade, chegou onte ao seu fin coa entrega dos galardóns do Premio Contornos, unha convocatoria que se incluíu no programa como novidade este ano e que repartiu 900 euros.

O certame, que contou con 19 pezas presentadas, estivo en grao sumo igualado e boa mostra diso é que o primeiro premio foi compartido. Así, os gañadores desta primeira edición do Premio Contornos foron os torneiros Xullo Guntín, de Vilalba, e Fernando Vérez, das Pontes. Ambos se repartireron os 600 euros cos que estaba dotado este galardón.

O segundo premio foi para o asturiano Antolín González Osorio.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios