A xuízo un agresor sexual que vendeu os seus bens para non pagar ás vítimas

El acusado J.J.P. -derecha- y su padre, ayer en el Penal 2 (Foto: P.V.)
photo_camera El acusado J.J.P. -derecha- y su padre, ayer en el Penal 2 (Foto: P.V.)

Un home de 46 anos de idade, con iniciais J.J.P., foi condenado onte a un ano de cárcere por desfacerse do seu patrimonio, en Guitiriz, para evitar pagar a indemnización ás dúas vítimas de sendas agresións sexuais polas que fora condenado. O xulgado condenou tamén ao seu proxenitor por colaborar con el.

Segundo explícase no escrito de acusación do ministerio público, en xullo de 2007, a audiencia provincial de Lugo condenou a J.J.P. como autor de dous delitos de agresión sexual e impúxolle unha pena de cárcere, que aínda cumpre na actualidade. O fallo obrigaba tamén ao home a indemnizar ás dúas vítimas e ao Sergas nun total de 90.265 euros.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios