Tres veciños do municipio de Triacastela sentaron onte no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo por agredirse brutalmente con paus e aixadas tras establecer unha discusión en San Pedro do Ermo, presuntamente por un tema de lindes.
O ministerio fiscal solicita para un dos acusados, Luís Pereira, de 65 anos de idade, unha condena de sete anos de cárcere por golpear a outro cunha aixada e deixalo cego dun ollo. A acusación particular eleva a petición a nove anos de prisión.