A xuízo dous homes por pelexarse en Outeiro de Rei e causarse lesións

Un home de iniciais M.V.G. afronta unha condena dun ano por pelexarse en Outeiro de Rei co mozo J.A.R.D., que se enfronta a 300 euros de multa.

Segundo o ministerio público, sobre as once da noite do 21 de novembro de 2007, os dous iniciaron unha discusión nun bar e chegaron ás mans. M.V.G. acabou cun dente roto e sufriu varias lesións que tardaron dúas semanas en curarlle e o outro acusado rompeu un dedo da man dereita e tardou 60 días en recuperarse. O xuízo foi aprazado onte no xulgado do Penal número 1 de Lugo.

Comentarios