"Teño a impresión de que en Podemos teñen o dereito de pernada"

O exministro Corcuera protagoniza o seu segundo enfrontamento verbal en 24 horas coa xornalista Marta Nebot en Telecinco

Nin 24 horas tardaron en retomar a súa disputa o exministro José Luis Corcuera e a xornalista Marta Nebot. De novo no marco de El Programa de Ana Rosa e a conta de Podemos, as faíscas saltaron cando Nebot sostiña que era "lamentable" que Corcuera a increpase acusándoa de centrar as súas críticas nos "que gobernan", que son -di- "os que demostraron o que son capaces de facer e o que non". A resposta de Corcuera, como poden ver no vídeo, na deixou indiferente a ninguén. 

Comentarios