Orozco pedirá o arquivo do caso Garañón despois de que Besteiro declare

O avogado do excalcalde de Lugo sostén que se trata dunha cuestión de "rigor procesual" xa que hai unha "declaración pendente"
López Orozco declaró ante Pilar de Lara el pasado 18 de noviembre
photo_camera López Orozco declaró ante Pilar de Lara el pasado 18 de noviembre

O avogado Gregorio Arroyo, que se ocupa da defensa do exalcalde de Lugo no chamado caso Garañón,  informou de que a petición de sobresemento da causa, polo menos no que se refire ao seu patrocinado, terá que esperar a que se produza a declaración como imputado do secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro.

En declaracións a Efe, Arroyo afirmou que se trata dunha cuestión de "rigor procesual", tendo en conta de que Gómez Besteiro foi citado para prestar declaración o día 12 de xaneiro.

"O alcalde está á marxe de calquera tipo de imputación, sospeita ou indicio de clase algunha", precisou o avogado defensor, pero "non cabe dúbida de que hai unha declaración pendente, que é a do señor Besteiro, e hai que esperar".

En calquera caso, Gregorio Arroyo subliñou que nesta causa tampouco "hai nada" contra o exalcalde de Lugo, "como veu ocorrendo en todas as causas", ata catro, nas que José López Orozco fora imputado e que foron finalmente arquivadas.

En canto ao feito de que o alcalde fose citado inicialmente pola xuíza instrutora para declarar por varios delitos e, finalmente, comparecese unicamente por un, contra a ordenación do territorio, o letrado de López Orozco opina que "foi reducindo" porque lle falta material na instrución".

Comentarios