Jorquera invita a Rajoy a ''patearse'' Galicia e coñecer a ''herdanza'' que deixa Feijóo


O candidato nacionalista no mitin do sábado á tarde en Ribadeo (EFE/ Eliseo Trigo)

O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Franciso Jorquera, recomendou hoxe ao presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, que "patee" Galicia para coñecer a "herdanza" real do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que resumiu en máis paro e emigración.

Jorquera criticou nun mitin en Ribadeo que o titular do Executivo central dixese que ''a Galicia interésalle o modelo Feijóo".

"E eu pregunto, ¿a quen llo di?", observou Jorquera, que se preguntou se esta aseveración vai dirixida a, entre outros, as "máis de 100.000 persoas" que engrosaron as listas de paro desde que Feijóo chegou ao goberno, os 60.000 mozos "que tiveron que emigrar" ou os "máis de 10.000 postos de traballo que se perderon no mar''. "¿Que Galicia coñece o señor Rajoy?", proseguiu o candidato do BNG, que neste punto recomendou ao tamén presidente do PP que "patee o país para ver cal é a herdanza do señor Feijóo".

Jorquera advertiu sobre as eleccións que "é posible facer realidade o cambio que o país necesita", xa que "existe un descontento social maioritario coas políticas do Partido Popular. "Se todos implicámonos imos conseguir que (o descontento) se traduza nun voto alternativo a aqueles que defendemos políticas realmente alternativas", apostilou.

A oportunidade é dobre, reiterou: "Temos a oportunidade de pór fin ao peor goberno que tivo Galicia na súa historia" e "parar ao Goberno Rajoy".

Comentarios