Jorge Balado encabeza la «candidatura limpa» del BNG en Castro de Rei

Jorge Balado, con los integrantes de la candidatura del BNG. EP
photo_camera Jorge Balado, con los integrantes de la candidatura del BNG. EP

O BNG presentou en Castro de Rei «unha candidatura limpa e disposta a recuperar un goberno para o concello» con Jorge Balado como cabeza de lista.

O BNG aposta para as próximas municipais por unha lista renovada no 50%, que «combina experiencia e xuventude» con paridade de homes e mulleres, relacionados co mundo empresarial, o sector agrogandeiro, o estamento funcionarial, así como o autónomo e o estudantil.

Antón Bao, o responsable comarcal do BNG, apoiou aos candidatos nacionalistas en Castro de Rei e asegurou que «cando o BNG saíu do goberno, Castro quedou sen goberno». Bao, que animou a todos «os que se senten de esquerdas a votar ao BNG» defendeu que este partido é «a única alternativa de esquerdas seria e comprometida con Galicia» e a «única lista limpa que se presenta neste concello».

O candidato á alcaldía polo BNG, Jorge Balado, resaltou que a candidatura «está conformada por xente que ten máis que demostrada a súa honestidade e capacidade de traballo», ao mesmo tempo que defendeu unha aposta por outro «xeito de gobernar, baseado non traballo, na seriedade e a transparencia».

Balado afirmou que «o BNG sae a gañar» e incidiu en que o seu partido «sempre mantivo e manterá unha postura coherente independentemente de estar no goberno ou na oposición». O candidato do BNG, ademais, subliñou que «Castro de Rei é un concello cheo de posibilidades e precisa dun goberno comprometido, que aposte decididamente por el para que todos nos sintamos orgullosos do noso concello».

Lista
Jorge Balado encabeza a candidatura do BNG seguido de Xermán Naval, que pasa a ocupar o número dous, Olga García, e Serafín Carballo, que nesta ocasión figura no número catro.

Tres novas caras ocupan os seguintes postos: María Xesús Chaín no quinto, seguida de Ana María García e Isabel Buíde. Isaac López repite no posto oitavo, e tras el incorpóranse María Angelines Freire e Xosé Manuel Novo. Manuel Anllo e Josefina Iglesias volven presentarse e Alejandra Cortón, unha cara nova, pecha a candidatura do BNG.

Comentarios