Jorge Balado di que Castro de Rei ''necesita un bo xestor, pero non máis vendedores''

O portavoz do grupo municipal do BNG e candidato da formación nacionalista á alcaldía de Castro de Rei, Jorge Balado, pediu onte o voto para o BNG porque «o Concello de Castro de Rei non precisa de máis vendedores, senón de xente que sexa capaz de xestionar os recursos dispoñibles e que teña gañas de traballar a prol dos veciños».

Jorge Balado realizou estas declaracións no mitín de peche de campaña celebrado onte en Castro, onde tambien reiterou ante os asistentes a xestión realizada pos os edís nacionalistas durante a súa estancia no goberno local, «un período de pouco máis dun ano, pero que foi tempo suficiente para máis que duplicar as partidas orzamentarias destinadas a servizos sociais». Balado solicitou así unha oportunidade para que «a alternativa diferente de goberno que representa o BNG».

Comentarios