Os Jordis, Lopetegui e Torrebruno cóanse na votación para nomear un conselleiro de RTVE en Valencia

En total rexistráronse 14 votos nulos

A votación secreta no pleno de Les Corts Valencianes para cubrir unha vacante no consello asesor de RTVE rexistrou catorce votos nulos, ao figurar nas papeletas nomees como Manolete, Torrebruno, Pablo Iglesias, Julen Lopetegui, os Jordis ou Urkullu.

Segundo indicaron fontes parlamentarias, nas papeletas que quedaron anuladas —e que non foron lidas durante o escrutinio— figuraban tamén Zapatero, o expresidente da Deputación de Valencia Jorge Rodríguez ou Soraya Sáez de Santamaría, e a súa autoría foi atribuída a deputados do grupo popular.

A votación, que se fixo mediante a introdución de papeletas nunha urna, era para elixir á deputada socialista que debía cubrir a vacante deixada no consello asesor de RTVE na Comunitat Valenciana pola súa compañeira de grupo Ana Barceló, tras ser nomeada consellera de Sanidade tras a marcha de Carmen Montón como ministra.

Finalmente, quedou proclamada como membro dese consello asesor a deputada socialista Rosa Peris, por 55 votos a favor, 24 papeletas en branco e 14 votos nulos. 

Comentarios