Jessica Vall, bronce na xornada na que Peaty bateu o récord do mundo

De izquierda a derecha, en el podio, Vall, Møller y Renshaw (Foto: EFE/David Ebener)
photo_camera De izquierda a derecha, en el podio, Vall, Møller y Renshaw (Foto: EFE/David Ebener)

A nadadora española Jessica Vall conseguiu este venres a medalla de bronce nos 200 braza, mentres que o británico Adam Peaty, de 17 anos, bateu o récord do mundo dos 50 braza durante a quinta xornada vespertina dos Europeos de Berlín.

A nadadora catalá finalizou a proba cun tempo de 2:24.08 na terceira posición, por detrás da plusmarquista mundial, a danesa Rikke Moeller Pedersen e da británica Molly Renshaw.

A campioa europea bateu a súa propia marca dos campionatos, deixándoo en 2:19.84, moi preto da plusmarca mundial que tamén posúe desde Barcelona 2013 (2:19.11).

Pola súa banda, o británico Adam Peaty bateu, cunha marca de 26.62, a marca do mundo dos 50 braza que tiña, desde o Mundial de Roma de 2009, o surafricano Cameron Van der Burgh e que estaba en 26.67.

A actuación máis destacada para o resto de españois foi a de Merche Peris, que se meteu na final dos 5ou costas co segundo mellor tempo e a tan só trece décimas da mellor. Na mesma semifinal participou Duane da Rocha, que foi eliminada tras quedar en oitava posición. Tamén pasou á final da súa categoría Melani Costa nos 200 libres, aínda que parece moi difícil que poida facerse cun metal. Costa terá que loitar na final, ademais de con Pellegrini, coa húngara Katinka Hosszu.

Comentarios