IVI parte coa intención de gobernar Viveiro sen coalicións

Integrantes de la candidatura de IVI, al lado del conservatorio (Foto: C.L.F.)
photo_camera Integrantes de la candidatura de IVI, al lado del conservatorio (Foto: C.L.F.)

O novo partido que concorre este ano ás municipais na cidade do Landro, Independentes de Viveiro (IVI), liderado por tres ex concelleiros do PP con Guillermo Leal á cabeza, presentou onte a súa candidatura e afronta os comicios «ca intención de ser unha forza de goberno» que segundo o seu líder demostrará unha nova forma de ver a política municipal, «sen enfrontamentos nin crispación». No seu punto de partida miran alto e «en principio» non sopesan a posibilidade de coaligarse con outros grupos. «Imos con opción de gobernar e en función do resultado veremos a alternativa que tomamos», apuntou Leal.

O independente quere impulsar «unha política construtiva» que sexa a voz dos cidadáns de Viveiro. «Estamos para defender os veciños», como recordou que fixeron en casos como O Celeiriño, Lodeiro, Magazos ou Nicolás Cora.

Ademais de seguir apoiando estes focos de problemática, levan no seu programa dous puntos que consideran «primordiais» para o futuro do municipio: a finaciación do PXOM e a creación de polígonos industriais. «Non concíbese que a día de hoxe Viveiro non teña aínda un polígono activo, o que significa que moitas empresas que están en concellos limítrofes querían estar en Viveiro pero non poden». Considera que ter parques empresariais significaría ter unha maior actividade económica que en certo xeito evitaría que os mozos se marchen do municipio.

Tras Leal van na lista -cunha media de idade de 36 anos- Jesús Fernández e Raquel Atadell, tamén ex edís do PP. Séguenos Vanesa Rego, Juan Bris, Raquel Casal, Benigno Navarro, Ainhoa Fernández, Luís Fermoso, Sandra Ríos, Rubén Pérez, Lizandra Martínez, Mayra Sánchez. Miguel Martínez, Borja Conde, María Candia e Eduardo Lago.

Comentarios