Irmandade a través do baile

Participantes na exhibición de Vilalba. c.pérez
photo_camera Participantes na exhibición de Vilalba. c.pérez

Un fin benéfico e moitas ganas de pasalo ben son ingredientes máis que suficientes para darlle forma a un espectáculo de música e baile que tivo como protagonistas aos alumnos da mestra Silvia Morado das parroquias de Distriz e Lanzós, así como de Xermade.

Máis de 20 apaixoados dos bailes de salón, con idades comprendidas entre os seis e os 60 anos, unidos polo gusto por mover o esquelete ao son da salsa, do tango, do mambo ou de bailes modernos, xuntaron esforzos un ano máis para protagonizar unha exitosa exhibición de baile no auditorio Carmen Estévez da capital chairega.

Ademais da experiencia persoal de cada quen, a súa actuación axuda a unha boa causa, porque aínda que non se cobraba entrada, o público asistente podía facer donativos para a Cruz Vermella.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios